Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para Celga
- Formación
- Otra formación
- Idiomas
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
19 de agosto de 2022
No DOG de hoxe publicouse a Resolución do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos impartiranse entre setembro de 2022 e maio de 2023, en horario de mañá ou de tarde.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grao de discapacidade. A escola poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva, no prazo máximo dun mes, contado a partir do último día establecido para a presentación da documentación, para que se determinen as adaptacións pertinentes.
Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).