1 de Decembro - Eleccións Sindicais- Vota CSIF
- Otros artículos
16 de novembro de 2022
O próximo 1 de decembro os/as docentes galegos estamos chamados ás urnas para escoller os nosos/as representantes. O teu voto será determinante para definir qué modelo de ensino queres. O ensino público, e só o público é o sinal de identidade de CSIF.
A nosa indepedencia e profesionalidade aporta un plus ao noso proxecto e ás nosas actuacións, nunha loita polas vosas condicións laborais e salariais sen ambigüidades. Reivindicamos unha escola pública, gratuita, feminista, inclusiva e de calidade, referente nunha sociedade próspera e xeradora de equidade e benestar.
Votar é un dereito irrenunciable. Nestas eleccións estades convocados/as máis de 33.000 docentes, dos vosos votos dependerá que teñamos máis forza para poder defender o modelo público de ensino polo que apostamos e que levamos no programa electoral (arquivo anexo)
Todos os procesos electorais son importantes, mais este ano -cecais- cobra especial relevancia a participación activa de todos e todas debido aos tempos duros que a comunidade educativa vén de sufrir coa pandemia e que segue sufrindo cos numerorsos recortes aplicados pola Conselleria, a merma nas condicións salariais e laborais e as continuas modificacións lexislativas.
Dende CSIF, estamos orgullosos de ter contribuído durante esta etapa a dignificar o labor docente, fundamental neste novo tempo. Agardamos contar coa vosa confianza para poder construír entre todos e todas o modelo de escola pública ao que, seguro, todos aspiramos e que será máis rico e diverso cantas máis voces nos sumemos a esta tarefa.
"Orgullosos de ser docentes" do ensino público. Pedímosche o voto o próximo día 1 de decembro!
*Achegamos os seguintes documentos:
-Programa electoral íntegro
-Programa electoral reducido
-Información sobre o voto por correo
-Cartaz Pílula Programática 1: Ensino Público