CSIF ENSINO estará presente na folga do sector educativo para o vindeiro martes 24 de outubro

  • Negociaciones y acuerdos

17 de outubro de 2023

NON AO ACORDO DE MELLORAS DAS CONDICIÓNS LABORAIS DO PROFESORADO GALEGO PROPOSTA POLA CONSELLERÍA

CSIF ENSINO estará presente na folga do sector educativo para o vindeiro martes 24 de outubro, coa pretensión de frear o Acordo alcanzado pola Xunta e tres dos sindicatos presentes na mesa de negociación ANPE, CCOO E UXT, por consideralo totalmente insuficiente.

Deste xeito, desde CSIF ENSINO sendo coherentes coa nosa política educativa, así como co noso programa electoral, rexeitamos un Acordo que non recolle, nin de lonxe, ningunha das medidas que levamos tantos anos demandando, e que implicarían cando menos a recuperación das condicións arrebatadas no seu momento, fai xa máis dunha década.

Farémonos oír nesta folga xeral, na que unha vez máis seguiremos denunciando a perda de poder adquisitivo, reclamando a baixada de ratios por aula, a recuperación das 18 e 21 horas para secundaria e primaria, o exceso de burocratización nas tarefas docentes, a recuperación do soldo de xullo e agosto para o persoal funcionario substituto, etc...

Se ti non te conformas, nós tampouco. Pedimos ao profesorado que alce a súa voz para dicir unha vez máis "NON AO ACORDO DE MELLORAS DAS CONDICIÓNS LABORAIS DO PROFESORADO GALEGO PROPOSTA POLA CONSELLERÍA"

 

CSIF EN FOLGA
 

COMPARTIR