CSIF Lugo denuncia que o concello debe dietas, produtividades e todos os servizos extracomunitarios
- Empleo
- Prensa y Comunicación
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
4 de marzo de 2024
CSIF advirte que os traballadores e traballadoras están sopesando deixar de facer horas extras mentres non se paguen as débedas atrasadas
CSIF Lugo vén de denunciar, nunha información recollida por El Progreso, o impago de dietas, produtividades e todos os servizos extracomunitarios.
CSIF advirte que, ante esta situación, os traballadores e traballadoras están sopesando se continúan a facer horas extraordinarias mentres non se lles abonen os conceptos pendentes, correspondentes aos anos 2020, 2022 e 2023.
A central sindical amosou tamén o seu malestar porque o goberno local informou hai uns días de que na nómina do mes de febreiro ía incluír unha "regularización importante" deses pagos, e finalmente, só pagou algúns conceptos e a un grupo de traballadores .
"Temos un goberno que, ademais de moroso é mentiroso. Esta situación non é ética, nin admisible nin xustificable", afirmaron dende a Central Sindical.
O Concello ten pendente de abonar as horas extras que fixeron todos os traballadores do Concello dende maio de 2023, algunhas produtividades de 2022 e dietas a policías locais por asistencia a formación do ano 2020.
Le a información completa premendo aquí
*Imagen (autor Concello Lugo)