Comisión de seguimento do acordo de persoal do SPIF

  • CSIF Informa

16 de decembro de 2024

O día 13 de decembro celebrouse a 9ª xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de persoal funcionario do SPIF, coa Dirección Xeral de Defensa do Monte e a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

A Consellería fai unha primeira valoración positiva do novo Acordo, en primeiro lugar con respecto ás franxas horarias establecidas, pero sobre todo respecto ós períodos de vacacións solicitados polo persoal, que tiveron unha distribución bastante homoxénea ao longo do ano, con dous picos nos meses de xuño e decembro (pensaban que eses picos se producirían nos meses estivais).

Cren, sen embargo, que é necesaria unha mellora na aplicación do Acordo con respecto a dúas cuestións:

  • Un incremento na ratio de compoñentes de cada grupo de brigada, e,
  • Que todo os grupos conten cun F. Xefe de Brigada. Co sistema actual onde as brigadas están divididas en dous grupos de 4 e 3 compoñentes, un deses grupos non ten responsable.
  • Que solución aporta a Administración?: volver a xuntar as brigadas en grupos de 7 compoñentes.

Que dificultade vemos desde as Organizacións Sindicais?: como organizar os vehículos cando na brigada podan coincidir 7 ou 6 compoñentes; incluso con 5 persoas corpulentas a dificultade de espazo nos novos vehículos é evidente. A Administración resposta que co novo acordo e o pacto acadado no seo da comisión de seguimento respecto ao desfrute das vacacións, non serán moitos os días en que coincidan máis de 5 compoñentes na brigada.

DENDE AS ORGNIZACIÓNS SINDICAIS SOLICITAMOS:

  • Que a Administración aporte un protocolo de actuación cando o número de bombeiros/as supere os 4/5 compoñentes.
  • Que se nos aporte á Comisión as carteleiras anuais de tódolos Distritos Forestais coa brigada
  • Que non se adoptará ningunha decisión unilateral por parte da Administración ata o estudo e valoración da Durante o vindeiro mes de xaneiro, manterase a secuencia dos calendarios actuais para respectar os períodos de vacacións que se teñan solicitado.
A ADMINISTRACIÓN:
  • Acepta entregar na próxima semana o protocolo
  • Emprázanos á próxima reunión que terá lugar o día 10 de xaneiro de 2025 para valorar de forma conxunta as dúas cuestións solicitadas: protocolo de actuación e carteleiras.

Mentres tanto os CCD farán entrega da carteleira do mes de xaneiro dando continuidade á secuencia e calendarios que estaban negociados e establecidos no ano 2024.

 

COMPARTIR