Celga 1, 2,3 e 4: Datas e lugares de realización das probas.
- Idiomas
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
21 de abril de 2023
No DOG de hoxe publicouse a Resolución de 11 de abril de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2023, que foron convocadas mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2023.
-Os centros onde se celebrarán as probas serán:
En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (Celga 4, Celga 3 e Celga 2) e a Escola Galega de Administración Pública (Celga 1).
En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (Celga 4, Celga 3 e Celga 2).
-Hora de comezo: 9 horas.
-Datas:
Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
13 de maio de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
14 de maio de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
20 de maio de 2023, para todas as persoas admitidas.
Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
21 de maio de 2023, para todas as persoas admitidas.
Celga 1, en Santiago de Compostela:
3 de xuño de 2023, para todas as persoas admitidas.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230421/AnuncioG0655-120423-0003_es.html