DOG: Publicadas as listaxes definitivas da acción social 2023.
- Acción Social
- Acción Social Administraciones Públicas
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
8 de novembro de 2023
Publicouse no DOG a Resolución do 27 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante este centro directivo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231108/AnuncioG0690-311023-0002_es.html