Apertura plazo inscripción cursos segundo cuadrimestre linguaxe Administrativa Galega e Celga
- Convocatorias
- CSIF Informa
11 de novembro de 2024

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto desta resolución.
O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
– Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.
Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.
Accede a resolución 👇🏽