CSIF solicita á Dirección Xeral que, de maneira urxente, convoque mesa para negociar o teletraballo en Galicia.

  • CSIF Informa

27 de marzo de 2025

A regulación do teletraballo, establecida na D.A sexta do RDL 6/2023, debía facerse nunha Lei, plasmándose esta regulación na Disposición Adicional Oitava da Lei Orgánica 1/2025, de 2 de xaneiro, segundo o  informe 2129/2024 da Abogacía do Estado.

Por outra banda, o art. 37 do Trebep, de aplicación supletoria á administración de Xustiza, sinala taxativamente no seu apartado k), que serán materias obxecto de negociación, entre outras,:

As que afecten ás condicións de traballo e as retribucións dos funcionarios, cuxa regulación esixa norma con rango de lei.

Pola súa banda, o apartado 1 indica que serán  obxecto de negociación  no seu ámbito respectivo e en relación coas competencias de cada Administración Pública.

Ademais, unha Lei orgánica como é a LOLS 11/1985, de 2 de agosto, de Libertad Sindical tamén obriga as administracións no seu art. 6, entre outros, a negociar esas condicións laborais.

Polo tanto, é obvio que a Comunidade de Galicia ten que abordar esta negociación de xeito inmediato e con premura, xa que tódolos traballadores/as deste territorio así nolo demandan.

Pero e que a maior abundamento, e baseándonos no exposto anteriormente, o Ministerio de Xustiza asinou e publicou un acordo marco común en materia de teletraballo para as comunidades autónomas con competencias transferidas sen ningún tipo de negociación nin aquiescencia por parte das organizacións sindicais, e por suposto de CSIF, conculcando deste xeito as máis elementais normas de negociación.

De todos os xeitos,  e atendendo agora o ámbito autonómico que nos atinxe,  dende CSIF esperamos que a ineptitude do Ministerio en Madrid mude en axilidade por parte desa Consellería de Xustiza.

Este sindicato non pode permitir que unha modalidade de traballo que tantos beneficios aportou tanto o persoal como a cidadanía,  quede agora en nada.  E iso, por varios motivos, a saber:

1.- Reduciuse a pendencia na maioria dos Xulgados e tribunais

2.-Demostrouse unha maior eficiencia no desenvolvemento do traballo.

3.- Maior facilidade de conciliación laboral  e familiar

4.- Aplicación das TIC segundo o peticionamento do Ministerio e a normativa desenvolvida.

5.- Cumprimento do art. 47 do Texto Refundido do EBEP

6.- Inversión en portátiles, tanto nos xa repartidos como nos que ainda falta

Pois ben, o que esiximos dende CSIF é precisamente o cumprimento desa negociación colectiva que recolle o segundo apartado do art. 47, e que  sinala explícitamente que serán obxecto de negociación colectiva no ámbito correspondente.

En base a todo iso, solicitamos desa Dirección Xeral  unha convocatoria urxente para proceder a negociar a normativa que regule dunha vez por todas o teletraballo,  xa que o Ministerio cun desprezo absoluto a negociación así como ás organizacións sindicais non foi quen de facelo. Polo tanto, CSIF non pode permitir que esa falla de negociación continue e esiximos una negociación inmediata do teletraballo nesta comunidade.

Ficheiros adxuntos

COMPARTIR