Confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica

  • CSIF Informa

16 de xullo de 2024

Publicada a ORDE do 11 de xullo de 2024 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024 e se actualizan as contías das retribucións en aplicación do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño.

Esta nova orde substitúe a vixente Orde do 19 de xaneiro de 2024 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024.

O 27 de xuño do 2024, publicouse no BOE o o Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño, que establece no seu artigo 6 un aumento do 2 por cento sobre as retribucións do persoal do sector público, con efectos do 1 de xaneiro de 2024, que se calcula sobre os valores retributivos vixentes en 31 de decembro de 2023.

Dende CSIF, reiteramos que esta suba é insuficiente e que cómpre un novo acordo salarial, pois os empregados públicos acumulan unha perda do 6,8% desde a sinatura do acordo en 2022 entre o Goberno, CC.OO e UGT, e de preto do 20% desde os recortes de 2010, tendo en conta o último dato do IPC. Un dato que no caso de Galicia, ademais, volve situar a inflación galega á cabeza do conxunto do país.

Cando revises a nómina, lembra, por tanto, que O 3,7% de incremento do IPC interanual en xullo sitúa o dato galego tres décimas por riba do estatal.

Calcula a túa perda retributiva 2024 - Periodo 2010/2024 a través da CALCULADORA que CSIF pon ao teu dispor.

COMPARTIR