NOVOS CORREOS "XUSTIZA.GAL" E VERIFICACIÓN NO CIXTEC
- Otros Cuerpos o Especialidades
27 de xaneiro de 2016
Na intranet de xustiza está publicado o seguinte aviso:
Recórdase que se vai proceder á descontinuidade do servizo actual de correo @justicia.es a finais de xaneiro de 2016 por parte do Ministerio de Xustiza.
Para aquelas persoas usuarias que aínda non o fixeron, recórdase a necesidade de verificar o acceso á nova conta de correo.
Rógase que contacten co CSU os usarios que teñan dúbidas ou que non recibiron as súas novas credenciais no sistema @xustiza.gal.
Por outra parte, vaise proceder ao cambio automatizado dos enderezos de correo de recepción de nómina. Por favor, proceda tamén a verificar a súa conta de correo na Oficina Virtual do Empregado Público co seu certificado dixital: (http://www.conselleriadefacenda.es/servizos-e-tramites/ov-empregado-publico/servizos-con-certificado).
Os correos" justicia.es"desaparecerán o 31 de xaneiro.
Este sindicato CSiF puxose en contacto co CAU, que nos confirma que ainda tardarán unhs días máis en facilitalo novo correo "xustiza.gal" a algúns compañeiros, e que nese caso poñeríanse en contacto con eles para facilitarlles os novos datos.
Desde CSiF recomendámosvos que unha vez activedes o novo correo, comprobedes na páxina do CIXTEC (http://www.cixtec.es/) e dentro de esta no apartado de Histórico, que o correo que consta é o de "xustiza.gal".
Esto tamén o podedes verificar co certificado dixital.
MENTRES NA INTRANET NON SE POÑA UN ACCESO DIRECTO, PODES ACCEDER A "XUSTIZA.GAL"PREMENDO AQUÍ: