Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional

  • Formación
  • Otra formación

23 de setembro de 2023

Resolución do 22 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación neste programa durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

O programa Observa_Acción desenvolverase ao longo dos cursos 2023/24 (Fase 1) e 2024/25 (Fase 2).


A temporalización do programa será a seguinte:


Fase 1 (autonómica): outubro 2023 a xuño 2024 (de carácter obrigatorio para todos os centros participantes)
• Etapa Comparte
• Etapa Acolle


Fase 2 (interautonómica e internacional): outubro 2024 a xuño 2025 (optativa entre unha das dúas opcións ofertadas)
• Etapa Conecta
• Etapa Internacionaliza

Prazo de presentación de solicitudes ata o día 10 de outubro 2023.


As persoas directoras dos centros interesados en participar nesta convocatoria deberán facer a inscrición a través da aplicación informática FPROFE (https://www.edu.xunta.gal/fprofe/) no apartado Convocatorias > PFAC.

 

Ficheiros adxuntos

COMPARTIR