Comunicado no día da folga dirixido á Consellería
- Negociaciones y acuerdos
- Prensa y Comunicación
- Notas de prensa y comunicaciones
24 de outubro de 2023
Os sindicatos convocantes estimamos que a convocatoria de folga rolda o 40% nos centros de infantil e primaria e arredor do 70% nos centros de secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial
COMUNICADO Á CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN
Santiago de Compostela, 24 de outubro.
No día da folga xeral de profesorado.
CSIF-Ensino, CIG-Ensino, e STEG instamos á Consellaría a tomar nota do seguimento masivo desta folga e demandamos unha negociación que dea cumprida resposta ás demandas que desde hai anos demandamos, superando un acordo no que se renunciou á recuperación dos nosos horarios e no que é preciso introducir melloras en prazos aceptables e sen dividir o profesorado, unhas melloras que as tres forzas sindicais concretamos deste xeito:
- Recuperación dos horarios de 18 e 21 horas nun máximo de 2 cursos.
- Redución das ratios en todas as ensinanzas, comezando no 2024/25 e con aplicación como máximo no remate de cada etapa.
- Aplicación de medidas inmediatas (curso 2024/25) para a redución da burocracia: aumento das horas de liberación para cargos
directivos, de coordinación e Atoría e aumento de persoal administrativo.
- Reparto lineal da masa salarial compromeAda pola Consellaría entre todo o profesorado.
A Consellaría ten agora a palabra: ou rectifica e abre negociacións para superar o acordo das renuncias ou estará dicíndolle ao profesorado que desatende por completo as súas demandas e que só resta a vía damobilización para recuperarmos os nosos dereitos.