AMPLIACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O CORPO DE PROFESORES TÉCNICOS DE FP
- Empleo
- Oferta Empleo Público
- Oposiciones
- Otros artículos
15 de xaneiro de 2021
OPOSICIÓNS NOVA OFERTA DE PRAZAS DO CORPO DE PROFESORES TÉCNICOS DE FP
DECRETO 4/2021, do 14 de xaneiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
O Decreto 164/2019, do 12 de decembro, aprobou a oferta de emprego correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.
No artigo 3 do mencionado decreto cuantificouse a oferta de emprego público relativa á estabilización de emprego temporal en 1.134 prazas. Estas prazas supoñían dispor de todas as prazas de estabilización de emprego temporal que autorizou o artigo 19.un.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, e que se cifraban en 2.160, un 90 por cento das prazas que, estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompida polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016.
A disposición adicional vixésimo terceira da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, establece que a taxa adicional para a estabilización de emprego temporal nos termos e condicións que regula o artigo 19.un.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, incluirá ata o 100 por cento das prazas que, estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompida polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016. Este incremento do 10 por cento das prazas supón a posibilidade de que se poida aprobar unha oferta de emprego de 240 prazas máis de estabilización de emprego temporal.
De conformidade co establecido no artigo 3 do Real decreto lei 31/2020, do 29 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria, os procedementos selectivos de ingreso que se realicen na execución das ofertas públicas de emprego que, ao amparo do disposto no apartado 6 do artigo 19.un da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, e do número 9 do artigo 19.un da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, sexan aprobadas polas distintas administracións educativas e publicadas nos respectivos diarios oficiais nos exercicios 2017 a 2021, tendo en conta a ampliación prevista no artigo 11 do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica, axustaranse aos criterios establecidos na disposición transitoria terceira do Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, aprobado polo Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, ata a finalización dos procesos selectivos derivados das ofertas públicas de emprego a que se refire este artigo.
Posto que a normativa aplicable aos procedementos selectivos derivados desta oferta de emprego é a mesma que a aplicable aos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo de 2020, procede que estas 240 prazas sexan acumuladas ás convocadas na referida orde e que se abra un novo prazo de solicitude exclusivamente naquelas especialidades en que se produza un incremento de prazas.
O corpo de profesores técnicos de formación profesional ten unha elevada taxa de temporalidade, polo que resulta procedente que estas 240 prazas sexan ofertadas en especialidades deste corpo.
ANEXO
Código/especialidade |
Prazas |
|
---|---|---|
201 |
Cociña e Pastelaría |
8 |
202 |
Equipos Electrónicos |
14 |
203 |
Estética |
10 |
204 |
Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble |
12 |
205 |
Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e Fluídos |
6 |
206 |
Instalacións Electrotécnicas |
16 |
208 |
Laboratorio |
4 |
209 |
Mantemento de Vehículos |
30 |
210 |
Máquinas, Servizos e Produción |
1 |
211 |
Mecanizado e Mantemento de Máquinas |
10 |
214 |
Operacións e Equipamentos de Elaboración de Produtos Alimentarios |
8 |
216 |
Operacións de Produción Agraria |
8 |
217 |
Patronaxe e Confección |
5 |
218 |
Peiteado |
16 |
219 |
Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico |
8 |
220 |
Procedementos Sanitarios e Asistenciais |
12 |
221 |
Procesos Comerciais |
12 |
222 |
Procesos de Xestión Administrativa |
20 |
223 |
Produción de Artes Gráficas |
2 |
225 |
Servizos á Comunidade |
7 |
226 |
Servizos de Restauración |
7 |
227 |
Sistemas e Aplicacións Informáticas |
17 |
228 |
Soldadura |
4 |
229 |
Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son |
3 |
Total |
240 |