Alzar a voz, tomar a palabra

  • Negociaciones y acuerdos

15 de febreiro de 2024

 

 

  • Desde CSIF Galicia queremos poñer en valor, como xa fixeron os meus compañeiros, o éxito de participación nesta campaña, que evidencia o NON rotundo da maioría do profesorado galego ao acordo de renuncias asinado por unha minoría da representación sindical co actual goberno da Xunta do señor Rueda.

 

  • Máis de 16.000 sinaturas supón un éxito case sen precedentes de participación. Significa que máis da metade do profesorado, somos arredor de 33.000 compañeiros e compañeiras, nos mobilizamos de novo cunha mensaxe clara: O PROFESORADO NON SE VENDE.

 

  • Berrámolo nas rúas a finais do pasado ano, berrámolo a través de dúas exitosas xornadas de folga e volvemos berralo agora coa presentación destes milleiros e milleiros de sinaturas.

 

  • Dende CSIF, cremos no diálogo e amosamos a nosa enteira disposición a que todas as partes sentaran a falar para buscar pontos de encontro que permitisen reconsiderar os aspectos máis lesivos do acordo e incorporar demandas fundamentais,IRRENUNCIABLES, como as ratios, a carga burocrática… pero non foi posible. Como lembrades, non só non foi posible senón que se nos botou da Consellería.

 

  • O ruido electoral das últimas semanas tampouco deu moita marxe aos problemas reais do ensino en Galicia e dos seus traballadores e traballadoras, por iso hoxe queremos facer un chamamento, EMPRAZAMOS ao próximo goberno, sexa da cor que sexa, a que fixe na axenda, como prioridade, de xeito inmediato, unha reunión que faga posible mudar ese "acordo de renuncias” polo auténtico "Acordo de Dereitos” que a inmensa maioría da comunidade docente estamos a reclamar.

GALERÍA

COMPARTIR