CSIF DENUNCIA, A XUNTA RECTIFICA A denuncia de CSIF obriga a rectificar a confección de nóminas

  • Otros artículos

20 de xullo de 2024

Educación vén de recoñecer, a través dos medios de comunicación, e logo das presións de CSIF Ensino, que finalmente o profesorado galego cobrará a totalidade da suba do 2% aprobada para todos os empregados públicos, asegurando que rectificará a orde publicada no DOG para corrixir esta situación de discriminación.

 

A Consellería sae así ao paso da nota de denuncia que fixemos pública onte, advertindo do inxusto agravio comparativo que se ía dar entre diferentes empregados públicos dentro da administración, coa exclusión do profesorado da suba.

 

Unha exclusión que, ademais, está estreitamente relacionada co “acordo de renuncias” asinado por CCOO, ANPE e UXT coa Consellería, ao que CSIF se opuxo por resultar lesivo e insuficiente para dar resposta ás verdadeiras necesidades do sector.

 

A propia Consellería recoñece que, tal e como foi publicada a dita orde, efectivamente o profesorado galego ficaría sen a subida, mais cualifica o asunto de “erro” e asegura que está sendo corrixido para que xa no mes de xullo os docentes poidan ver reflectido o incremento salarial en igualdade de condicións ao resto dos empregados públicos.

 

Desde CSIF estaremos vixiantes para que así sexa e seguiremos denunciando calquera situación discriminatoria

COMPARTIR