Información IMPORTANTE CONCURSO XERAL DE TRASLADOS
- Normativa
3 de outubro de 2024
No día de hoxe vén de publicarse no BOE a Orde EFD/1056/2024, de 1 de outubro, pola que se establecen as normas procedimentais aplicables aos concursos de traslados de ámbito estatal, que deberán convocarse durante o curso 2024/2025.
Esta Orde concreta á súa vez o Real Decreto 677/2024, publicado no mes de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1364/2010, no que se regula o concurso xeral de traslados. Coa entrada en vigor destas normas constátase que se producirán cambios en diferentes aspectos da normativa que regulará este proceso para os vindeiros concursos na nosa Comunidade. A falta da regulación autonómica, que se producirá en breve, cómpre destacar algúns cambios que afectarán, dentro do BAREMO, ao apartado de formación.
A este respecto establécese no novo Real Decreto que deberá reservarse, para as actividades de formación superadas, alomenos, 9 puntos, a razón de 0,1000 puntos por cada dez horas de actividades de formación acreditadas.
Polo tanto, se coa anterior norma se acadaba a puntuación máxima neste subapartado cun total de 600 horas, no futuro precisaranse como mínimo 900 horas.
Diante destes cambios, dende CSIF ENSINO vimos de adaptar a nosa oferta formativa e ofrecémosvos a posibilidade de conseguir esta puntuación dun xeito sinxelo, compatible co voso horario de traballo e cun custo reducido.
Trátase de cursos 100% on-line, nos que poderás administrar o teu tempo 24 horas ao día 7 días á semana. Ofrécense en edicións mensuais, sempre dispoñibles de setembro a xullo. No noso campus virtual https://campuseducacion.csif.es poderás atopar dous tipos de cursos homologados, de diferente duración e con importantes OFERTAS para afiliados e afiliadas. Aberto tamén a NOVAS AFILIACIÓNS
O prazo de participación para a próxima convocatoria de concurso de traslados estará comprendido entre os días 5 e 26 de novembro. Recomendámosvos facer unha revisión das horas de formación que tedes realizadas xa que, en caso de precisar máis, ata ese momento teríades aínda a posibilidade de incrementar a puntuación da que estamos a falar. O prazo de matrícula para os cursos continúa aberto e manterase durante todo o curso escolar.
Contactade con nós a través das canles xa habituais. De forma presencial ou en redes asesorarémosvos sobre as ofertas e convocatorias que máis se adecúan ás vosas necesidades.