Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/2025 do corpo de MESTRES

  • Empleo
  • Plantillas-RPT

9 de outubro de 2024

Xúntase a Resolución do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/25 correspondentes ás especialidades do corpo de mestres.

As persoas interesadas poderán formular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), un recurso potestativo de reposición, utilizando o procedemento ED001A, no prazo dun (1) mes a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, https://www.edu.xunta.gal, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

  • Prazo de presentación de recurso: do 10 de outubro de 2024 ao 11 de novembro de 2024

As listaxes definitivas de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

 

COMPARTIR