Publicación do procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa no curso 2024/25

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

24 de outubro de 2024

Resolución do 16 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024/25.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica

A solicitude debe cubrirse indicando o asunto e o órgano destinatario que se indican a continuación:

ASUNTO RELACIONADO:

-Inspectores accidentais.

DESTINATARIO:

-Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

-Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

- A documentación acreditativa de que se posúen os requisitos esixidos para participar de acordo co establecido na resolución de convocatoria deste procedemento, só no caso de que non consten no expediente electrónico da persoa solicitante.

- Unha declaración responsable de que non foi separada/o mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública e de non estar inhabilitada/o para o exercicio de funcións públicas.

- Certificado de non ter antecedentes por delitos contra a liberdade e identidade sexual, só no caso de opoñerse expresamente á consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais na solicitude de participación.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 25 de outubro ata o día 8 de novembro de 2024, ambos incluídos.

 

COMPARTIR