Convocatoria Concurso Específico de Adultos 2024-25

  • Concursos y movilidad
  • Traslados

4 de decembro de 2024

ACCESO Á APLICACIÓN

 

  • O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 5 de decembro de 2024 ata o día 27 de decembro de 2024, ambos incluídos.

     

    * As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED013D). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

     

    * No caso de que o expediente do persoal concursante non estea actualizado ou se discrepe dos datos contidos en calquera categoría de datos deste poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente (código de procedemento ED011A) salvo no suposto de que xa presentase electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.

     

    * No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero que non aparecen baremados poderá presentar unha alegación no prazo que se estableza para reclamacións e renuncias.

     

    *Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados específico.

     

           Para acceder á información relacionada co concurso de traslados específico Prema aquí

 

 

Dende CSIF ENSINO queremos axudarche neste proceso coa posta á túa disposición dos seguintes documentos:

 

COMPARTIR