Xornadas PRL. A espalda. Actuacións dende a Prevención de Riscos Laborais

  • Prevención de Riesgos Laborales

30 de setembro de 2022

A dor cervical e lumbar, segundo os últimos informes do Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade, son a principal causa de incapacidade e absentismo laboral en España.

A dor cervical e lumbar, segundo os últimos informes do Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade, son a principal causa de incapacidade e absentismo laboral en España.

Por tal motivo, proponse a realización desta actividade formativa co obxectivo de favorecer uns bos hábitos posturais, unha correcta ergonomía e unha praxe anatómica que evite este tipo de lesións ou dores lumbares e así, en definitiva, axudar a unha mellora da saúde e satisfacción dos traballadores, evitando que este problema teña unha  repercusión negativa na vida persoal, social e laboral dos traballadores.

Dada a multitude de casuísticas que poden xerar este tipo de problemas lumbares, e polo tanto, o variado abanico de tarefas e/ou ocupacións nas que se precisa este tipo de formación por afectar a multitude de sectores profesionais, diríxese a todo tipo de traballador e traballadora, das diferentes actividades produtivas de Galicia, que polas súas características, poidan ter problemas de tipo lumbar

As persoas asistentes que desenvolvan con aproveitamento esta actividade recibirán un diploma acreditativo.

DÍA: 4 OUTUBRO

LUGAR: PONTEVEDRA

Hospital Montecelo

Mourente, s/n

36071 Pontevedra

HORARIO: 16.00 A 20.00 h

DÍA: 5 OUTUBRO

LUGAR: VILAGARCÍA

Hospital do Salnés

Rúa Hospital do Salnés, 30

36619 Vilagarcía de Arousa

HORARIO: 16.30 a 20.30 H

DÍA: 6 OUTUBRO

LUGAR: VIGO

Hospital do Meixoeiro

Estrada de Meixoiro, s/n

36214 Vigo

HORARIO: 16.00 H a 20.00 H

DÍA: 14 Y 28 DE OUTUBRO

LUGAR: OURENSE

Salón de actos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ramón Puga, 54

32005 Ourense

HORARIO: 16.30 a 20.30 H (14 Outubro)  10.00 a 14.00 H (28 Outubro)

 

 

 

Ficheiros adxuntos

COMPARTIR