EGAP: Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega.
- Idiomas
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
18 de January de 2024
No DOG de hoxe publícase a resolución do 10 de xaneiro de 2024 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xaneiro de 2024. Cada persoa só poderá solicitar un dos cursos convocados. Achegamos a Resolución.