TÓDOLOS SINDICATOS REXEITAN A NOVANORMATIVA DE INTERINOS PROPOSTA POLA XUNTA DE GALICIA

  • CSIF Informa

14 de June de 2024

 

CSIF, SPJ-USO, STAJ, CUT, UGT, e CCOO rexeitamos o proxecto de borrador de bolsa de interinos presentado pola Xunta de Galicia e elaboramos, de común acordo, un novo proxecto baseado na norma actual que incluirá modificacións puntuais para mellorar a súa eficacia. 

As organizacións sindicais non aceptamos nin comprendemos a proposta realizada pola Xunta de Galicia de presentar un borrador cunha bolsa moi similar a que empregan no seu ámbito, pero con condicións laborais moi prexudiciais para o colectivo dos interinos que faría inviable na practica a posibilidade de traballar en condicións dignas e con certa regularidade. Deste xeito, propoñen a penalización de 6 meses unha vez se acada o ano de traballo e sen argumentación algunha como podería ser a acumulación de tempo abondo para cobrar o desemprego. Outro elemento salientable é a eliminación, por parte da Xunta, dos mecanismos de control sindicais existentes na actualidade, co que quedaría a sua vontade o funcionamento das mesmas sen ningún tipo de control externo e propiciando unha opacidade que a ninguén beneficia. 

A normativa existente a día de hoxe, con algunhas modificacións puntuais pero básicas, consideramos que é transparente, eficaz e operativa, permitindo traballar a un gran número de interinos, tanto as/os máis antigas/os como os/as de recente incorporación. 

Por todo isto, tódalas as organizacións sindicais da Admón. De Xustiza, excepto a CIG que propón outra alternativa, fixemos un esforzo conxunto para acadar un maior pulo na defensa do colectivo de interinos, presentando un borrador alternativo con base no modelo actual da bolsa. 

As modificación mais salientables que propoñemos son as seguintes: 

1) As persoas que se atopen en suspensión polo art. 16. 1, f) (Actividade profesional, no sector público ou privado) non ocuparan un posto na bolsa respectiva, sendo incluídas nun listado de suspensións, co fin de evitar o bloqueo 

das listas existente na actualidade. 

2) Ademais da bolsa principal e de reserva, existirá unha bolsa de baremados aos que se lles aplicará a mesma normativa da bolsa de interinos, e dicir, estarán suxeitos aos mesmos dereitos e obrigas que os incluídos na bolsa de traballo e da reserva. 

3) Duplícase o tempo de servizo establecido para enviar ao final da bolsa a un interino (de 180 dias pasaría a un ano). 

4) Aplicación da normativa establecida na Seguridade Social en canto a idade prevista para a xubilación dos interinos e a posibilidade de prórroga. 

5) Mantemento das Comisións Paritarias de Interinos, comunicación de movementos e acceso os compoñentes das distintas bolsas e corpos para evitar unha posible opacidade. 

Arxius adjunts

COMPARTIR