GESTIÓN TURNO LIBRE: PLAZAS OFERTADAS EN GALICIA POR ADSCRIPCIÓN PROVISIONAL

  • CSIF Informa

5 de July de 2024

Desde a DXX achégannos, para coñecemento, a listaxe de prazas que serán ofertadas ao persoal de novo ingreso do corpo de xestión convocadas pola Orde JUS 1254/2022, do 7 de decembro. A data comunicada polo Ministerio de Xustiza para a súa publicación é o próximo 19 de xullo.

Así mesmo, respecto das prazas que serán ofertadas en adscrición provisional, infórmase:

Das 90 prazas ofertadas pola quenda libre, 18 van a ofertarse para o persoal de novo ingreso que aprobou o proceso en adscrición provisional de conformidade co disposto no Real Decreto 1451/2005, de 7 de setembro (no anexo sombreadas en gris).

As persoas ás que se lles asigne algunha destas 18 prazas, estarán supeditadas ao seguinte:

 

  1. O persoal que resulte adxudicatario dunha praza en adscrición provisional ten os mesmos dereitos e deberes que o persoal ao que se lle asigne unha praza en destino definitivo, salvo respecto do que se establece no punto seguinte. Así, poderá participar en igualdad de condicións nos proceso de mobilidade do persoal.
  2. Quen ocupe prazas en destino provisional deberá solicitarno primeiro concurso de traslados que se convoque todas as vacantes e posibles resultas anunciadas na provincia onde se atope adscrito/a provisional.

 

De incumprir esta obriga de participar no concurso pasará a situación de excedencia voluntaria por interese particular. 

No caso de que, existindo prazas na provincia de adscrición, non solicite todos os postos da provincia ou solicite postos de traballo noutra provincia, e non obtivera destino no concurso, adxudicaráselle con carácter definitivo unha praza no ámbito da provincia a que estivera adscrito/a provisional ou, no seu defecto, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Se non obtén destino definitivo e se cubre o posto que ocupa provisionalmente, será adscrito de novo provisionalmente a outro posto de traballo da mesma provincia debendo participar no seguinte concurso de traslados convocado.

É importante salientar que neste caso o concurso de traslados cínguese en exclusiva a prazas ofertadas en Galicia, co único obxectivo de obter un destino definitivo neste territorio, sen que a persoa poida optar a outra das prazas incluídas no concurso de traslados fora do territorio autonómico.

  1. O prazo no que estas persoas poderán participar no seguinte concurso de traslados, segundo o recollido no artigo 46.2 do Real Decreto 1451/2005, do 7 de setembro, será de dous anos desde a resolución na que se lle adxudicou destino provisional, é dicir, o mesmo prazo que o do persoal que obtivo praza con destino definitivo.

Arxius adjunts

COMPARTIR