IX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
- CSIF Informa
27 de November de 2024
CSIF Lugo vén de convocar a IX edición do concurso de postais de nadal dirixido a fillos e fillas dos seus afiliados, así como dos seus familiares, co obxecto de felicitar as festas do vindeiro ano coa postal gañadora.
A convocatoria permanecerá aberta ata as 24.00 H do próximo 16 de decembro. De seguido damos conta das bases para participar:
PARTICIPANTES
Poderán participar os fillos/as de todos os afiliados/as e dos familiares dos afiliados/as de CSIF Lugo que estean na etapa educativa de Primaria
TEMA
O tema da tarxeta será alusivo ao Nadal e de creación propia. Ademais do debuxo poderase incluír frase, texto curto…..de felicitación. Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a complexidade e a presentación en función da idade dos participantes.
FORMATO
O formato da tarxeta será en folio, cartolina, cartón.... de cor branca tamaño A5 (metade dun A4) A técnica será libre e poderán empregarse todas as cores, ben sexa con ceras, rotuladores, acuarelas, témpera… e tamén todas as técnicas
PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
Só se poderá presentar unha tarxeta por participante. Non levará sinatura e no dorso da mesma figurará:
Nome e apelidos do participante
Domicilio
Idade
Teléfono de contacto
As tarxetas entregaranse na sede de CSIF LUGO ou enviaranse por correo ordinario ao seguinte enderezo: Rúa Conde ,2 Baixo Posterior. 27003 Lugo.
PRAZO DE PRESENTACION
A data límite de entrega ou recepción será ata as 24:00 horas do 16 de Decembro de 2024.
PREMIO
A todos os participantes faráselle entrega dun pequeno agasallo. Ao gañador/ra faráselle entrega dunha TABLET
ACEPTACIÓN DAS BASES
Todas as tarxetas presentadas serán expostas na sede e pasarán a ser propiedade do sindicato.
A tarxeta seleccionada empregarase para felicitar o Nadal o vindeiro ano e so poderá ser utilizada polo sindicato CSIF. A participación neste concurso suporá a aceptación das bases