A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de Formación Profesional e de ensinanzas de réxime especial en centros públicos para o curso 2024-2025.
Que son?
Esta modalidade de formación desenvólvese nos propios centros educativos, favorece e estimula o traballo en equipo do profesorado e propicia a innovación, a mellora da práctica docente e a actualización científico-técnica, de modo que incida na mellora da educación.
Convocatoria
Convócanse proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, nos centros educativos de niveis non universitarios que impartan estas ensinanzas.
Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.
Destinatarios
Poderá participar nesta convocatoria o profesorado que teña atribución docente nas ensinanzas de Formación Profesional ou nas ensinanzas de réxime especial, ou que exerza a xefatura dos departamentos de Orientación ou de Información e Orientación Profesional, e que estea destinado nalgún centro público dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ou noutros centros públicos pero que forme parte do cadro de persoal desta consellería.
Obxectivos
- Dar resposta ás necesidades de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, e facilitarlle ao resto do profesorado o acceso á información obtida mediante a elaboración e a difusión de actividades de aplicación directa a aula.
- Fomentar a súa formación nas competencias profesionais para abordar con eficacia todas as situacións do proceso de ensino e aprendizaxe, e no desenvolvemento das funcións que o profesorado debe desempeñar nunha sociedade complexa e en permanente cambio.
- Potenciar a relación entre o profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial e as empresas para, deste xeito, ofrecerlle unha mellor orientación ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas réxime especial.
- Establecer liñas de traballo e de toma de decisións para a mellora consensuada da educación do alumnado e do funcionamento dos centros, así como para a posta en práctica e a avaliación de accións que repercutan na mellora da calidade dos procesos curriculares e organizativos.
- Promover a formación e a actualización metodolóxica e científico-tecnolóxica dos equipos docentes a través do traballo colaborativo e do fomento da súa autonomía, partindo da experiencia e da capacidade do profesorado.
Liñas de traballo
1. Innovación tecnolóxica e científica.
2. Innovación didáctica.
- O deseño de estratexias e metodoloxías que profunden na planificación da formación e da avaliación do alumnado entre o centro educativo e as empresa ou os organismos equiparados.
- A mellora na didáctica específica dos módulos, os ámbitos, as materias ou as disciplinas, así como como das metodoloxías innovadoras que lle faciliten ao alumnado a adquisición das competencias profesionais do ciclo formativo ou da especialidade correspondentes.
3. Actualización da competencia dixital docente.
4. Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial.
5. Orientación profesional, xestión do talento e emprendemento.
6. Plurilingüismo na formación profesional e nas ensinanzas de réxime especial.
7. Atención á diversidade, convivencia, equidade e igualdade de xénero nas ensinanzas de formación profesional ou ensinanzas de réxime especial.
8. Organización e xestión.
9. Actualización científica e didáctica do profesorado de formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Inscrición
O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:
- 1º fase: ata o 11 de outubro de 2024.
- 2º fase: ata o 26 de outubro de 2024.
Modelos de documentación relacionada cos proxectos de formación