Convocatoria nova incorporación na Rede de Centros “Ponte... nas Ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”

  • Convocatorias

20 de January de 2025

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 17 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que se incorporarán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2024/25.

Os centros educativos poderán presentar as súas solicitudes a partir do día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo e o prazo estará aberto ata o día 30 de xaneiro de 2025.

As solicitudes deben facerse obrigatoriamente a través da plataforma de Programas Educativos: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/

 

COMPARTIR