Apertura listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpos de PES (590), EOIs e PSSFP

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

12 de February de 2025

Publícanse as Resolucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polsa que se convocan  procedementos para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpos 590, 592 e 598

Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns 17 de febreiro ata o venres 21 de febreiro de 2025, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible o luns 17 de febreiro de 2025.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

 

 

ESPECIALIDADES CONVOCADAS

Corpo de profesorado de ensino secundario (590)

  • 590002 Grego
  • 590003 Latín
  • 590010 Francés
  • 590015 Portugués
  • 590109 Navegación e instalacións mariñas
  • 590111 Organización e proc. de mantemento de vehículos
  • 590112 Organización e proxectos de fabricación mecánica
  • 590113 Organización e proxectos sistemas enerxéticos
  • 590208 Laboratorio

Corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas (592)

  • 592008 Francés
  • 592009 Galego
  • 592011 Inglés
  • 592012 Italiano
  • 592015 Portugués

Corpo de profesorado especialista en sectores singulares da FP (598)

  • 598003 Fabricación e instalación de carpintería e moble
  • 598004 Mantemento de vehículos
  • 598005 Mecanizado e mantemento de máquinas
  • 598008 Produción de artes gráficas
  • 598010 Soldadura

COMPARTIR