Fondo de acción social 2024
- Acción Social
- Acción Social Administraciones Públicas
25 de April de 2025

A solicitude será única, con independencia do número de persoas causantes con discapacidade polas que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde internet: https://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia no rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal. No obxecto do asunto indicarase: convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2024. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.
Poden solicitalo:
- Persoal funcionario, incluído o persoal docente
- Persoal laboral do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia en determinadas situacións
- Profesorado de relixión
O prazo de presentación abranguerá dende o luns día 28 de abril ata o luns días 12 de maio de 2025