Peche na Consellería de Educación

  • Negociaciones y acuerdos

13 de December de 2023

Delegados de CSIF ENSINO permanecen pechados nas dependencias da Consellería de Educación, xunto a representantes de CIG e STEG, en espera de ser recibidos polo conselleiro, Román Rodríguez, ao que lle demandaron unha reunión o pasado 2 de novembro sen que ata o momento se teña posto data para o encontro.

CSIF ENSINO recorda que, xunto a CIG e STEG, representan ao 60% do colectivo docente galego, polo que consideran de auténtica falta de respecto que o conselleiro "leve máis dun mes ignorándoos" e anuncian que non se moverán da consellería ata ser recibidos.

Dende a central sindical, explican que, xunto á solicitude da reunión, tamén fixeron chegar ao conselleiro as reivindicacións das tres organizacións para mellorar as condicións laborais do profesorado e que non están recollidas no acordo firmado por CCOO, UXT E ANPE.

Neste sentido, cabe sinalar que a oposición a este acordo deu lugar o pasado mes de novembro a unha serie de accións reivindicativas, entre elas dúas folgas, que tiveron amplio seguimento, "de aí que resulte aínda máis insultante que o conselleiro non considere urxente concretar a reunión"

Entre as reivindicacións, destacan a recuperación dos horarios lectivos, a redución de ratios, o reparto lineal da masa salarial e diminuir a burocracia.

.[[{"fid":"756750","view_mode":"default","type":"media","link_text":null,"attributes":{"height":593,"width":790,"class":"media-element file-default"}}]]

COMPARTIR