DOG: Publicadas as listaxes provisionais relativas á acción social.

  • Acción Social
  • Acción Social Administraciones Públicas
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

6 de September de 2023

Publicada no DOG a corrección de erros da Resolución do 29 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230906/AnuncioG0690-050923-1_gl.html

COMPARTIR