Nota sobre a solicitude da traxectoria profesional das persoas que veñen a Galicia en concurso de traslados.

  • Otros artículos

9 de May de 2024

Dende a Dirección Xeral de Xustiza achégase nota informativa sobre a solicitude da traxectoria profesional das persoas que tomen posesión os días 20 e 21 de maio no ámbito da comunidade autónoma de Galicia como consecuencia da Resolución do 24 de abril de 2024.

"Aquelas persoas que tomen posesión os días 20 e 21 de maio no ámbito da comunidade autónoma de Galicia como consecuencia da Resolución do 24 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario para prazas vacantes entre persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 27 de setembro de 2023, poderán solicitar a traxectoria profesional a través da OPAX unha vez conste a súa toma de posesión na Dirección Xeral de Xustiza.

O acceso a OPAX da persoa funcionaria para presentar a solicitude realizarase das seguintes formas:

- Se dispoñen de certificado persoal/DNI electrónico poderán facer uso do “Acceso con certificado”.

- No caso de aquelas persoas que non dispoñan de certificado persoal/DNI pero das cales consta unha dirección de correo electrónico no seu expediente na Dirección Xeral de Xustiza, deberán solicitar unha contrasinal no apartado habilitado na pantalla de acceso de OPAX. O sistema enviaralles instrucións á dirección de correo electrónico.

- No caso de aquelas persoas que non dispoñan de certificado persoal/DNI e das que non conste unha dirección de correo electrónico, deberán realizar un incidente no acceso habilitado na pantalla de acceso de OPAX."

Achegamos a nota informativa e tamén o pdf de incidentes de acceso á OPAX.

Arxius adjunts

COMPARTIR