Novas de Emprego Público. Acordo de Política Social, Concursos, Carreira Administrativa e Teletraballo
- Otros artículos
14 de April de 2025

Información facilitada pola dirección xeral de Emprego Público na Mesa Sectorial de Funcionarios da Administración Xeral da Xunta, celebrada o día 11 de abril de 2025. Comisión de Seguimento do Acordo de Política Social: Previsión de reunión o vindeiro venres 25 de abril.
Os próximos Concursos Ordinarios que pretenden convocar son os de Facultativos (Escalas Sociais), e o Concurso de Veterinarios.
Elección de destino derivados dos Procesos de Estabilización: Están preparando os buzóns e fases da convocatoria do resto dos corpos ou escalas para poder dar eleccións de destino de estabilización que están pendentes.
Carreira Profesional: Previsión de iniciar as negociacións das bases das convocatorias no mes de maio.
Teletraballo: A directora de Emprego Público desminte os rumores de restricións dos días de teletraballo no senso de eliminar a posibilidade de traballar os luns e os venres. Aclara de maneira expresa que as únicas restricións, son as que se especifican no Acordo, que son as de 1 día de presencia obrigatoria e o cumprimento do 40% de presencia; o que ten que quedar especificado no cadro de presencia elaborado por cada Consellería ou Centro de traballo