CSIF INFORMA CONCURSO DE MÉRITOS GALICIA
- Empleo
- Oferta Empleo Público
- Otros artículos
11 de November de 2022
Csif Ensino axúdache a facer o teu Concurso de Méritos co Csif Informa e co Titorial que podes topar nos anexos
ORDE do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plasticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B).
O prazo de presentación de solicitudes será de quince 15 días hábiles ( do 31 de outubro ao 21 de novembro ambos incluídos) computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Requisitos xerais.
a) Ter nacionalidade espanñola ou ter a nacionalidade doutro Estado membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.
Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.
Así mesmo,poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do/da cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade españolaou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
b) Ter feitos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación forzosa.
c) Posuir as titulacións que, para cada corpo, se especifican nesta base.
No caso de que as ditas titulacións universitarias se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 967/2014, do 21 de novembro (BOE do 22 de novembro), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico españolal a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro). No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria deberá aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educaciónnon universitaria, e demais normativa concordante e de desenvolvemento.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade a que se opta.
e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
f) Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, conforme dispón o artigo 57 da Lei 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.
O persoal participante cuxa nacionalidade sexa distinta da española deberá acreditar, ademais da certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais referidos ao Estado español, a certificación negativa de condenas penais expedida polas autoridades do seu pa´is de orixe ou de onde sexan nacionais, respecto dos delitos relacionados no apartado 1 do artigo 3 do Real decreto 1110/2015, do 11 de decembro, polo que se regula o Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
g) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo ao que se aspira a ingresar. Para estes únicos efectos, entenderase como o mesmo corpo o corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e o corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional.
h) Acreditar o coñecemento do galego.
i) Acreditar, de ser o caso, o coñecemento do castelán
Aspectos relevantes
- Acreditar o coñecemento do galego e as persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido no parágrafo anterior poderán ser admitidas condicionalmente no concurso de méritos e deberán realizar unha proba eliminatoria.
- Todas as condicións e requisitos de participación relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de un formulario na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se deberá cubrir na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, www.edu.xunta.gal/oposicio
Taxas:
– Corpo de PES, Profesores de EOI, Catedráticos de música e artes escénicas, Profesores de música e artes escénicas, Profesores de artes plásticas e deseño: 44,17 €
– Profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, Mestres de taller de artes plásticas e deseño, Mestres: 38,02 €
Podes consultar o DOG no anexo
Xa podes consultar o noso CSIF INFORMA e o TITORIAL para facer o teu concurso. Consulta os anexos.