Convocatoria Concurso Específico de Orientación 2023-24

  • Concursos y movilidad
  • Traslados

27 de December de 2023

ORDE do 21 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A)

SOLICITUDES

Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos,a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED013A). As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia http://https://sede.xunta.gal

 

PRAZO DE SOLICITUDES


O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados, mediante o procedemento normalizado ED012A, será desde o día 5 de decembro ata o 28 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na epígrafe 2.2 da base vixésima, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados.

SOBRE A DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados no procedemento código ED013A. Non obstante, se o expediente do persoal concursante non está actualizado ou se discrepa dos datos contidos en calquera categoría de datos deste poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED011A).

Deste modo, neste suposto, o persoal concursante deberá presentar por medios electrónicos a solicitude de participación no concurso xeral de traslados empregando a solicitude normalizada do procedemento ED013A e, ademais, e tamén por medios electrónicos, a solicitude de actualizacióne/ou modificación do expediente persoal e a documentación xustificada das alegacións efectuadas empregando a solicitude normalizada do procedemento ED011A.

Tamén é posible que teñamos méritos xa validados no expediente persoal pero que non figuran baremados. En caso de discrepancia con esta baremación só se poderá reclamar no prazo de reclamacións e renuncias.

Dende CSIF ENSINO queremos axudarche neste proceso coa posta á túa disposición dos seguintes documentos:

 

Toda esta información así como as novidades que se vaian producindo relativas a este concurso iranse actualizando diariamente e estarán á vosa disposición no banner lateral de concursos ao que podedes acceder no enlace https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/368219

Arxius adjunts

COMPARTIR