Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos
- Normativa
- Órdenes
4 de January de 2024
Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos, pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
ACORDO
1. Aprobar o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, que se recolle no anexo.
O obxecto do protocolo é o de identificar as boas prácticas na materia e, en consecuencia, propoñer as pautas de actuación e intervención que se estima necesarioadoptar coa finalidade de garantir unha boa convivencia e acadar un clima escolar axeitado que facilite o logro dos obxectivos educativos.
2. Este protocolo difundirase á toda a comunidade educativa e se poñerá a disposición de todos os centros docentes indicados no número anterior.
3. O protocolo ten un carácter básico e deberá ser contextualizado ou adaptado ao centro educativo e á súa contorna para, finalmente, ser incluído nas normas de convivencia.
4. Os servizos de Inspección Educativa supervisarán a adaptación das normas de convivencia dos centros a este protocolo e prestarán o asesoramento necesario para este fin, de acordo co establecido no artigo 16.4 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño de 2011, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.