INFORMACIÓN IMPORTANTE para Funcionarios en Prácticas curso 2024/25
- CSIF Informa
14 de August de 2024
Coa publicación en DOG do voso nomeamento como funcionarios en prácticas ábrese o prazo para que acheguedes a documentación prevista na base 19.1 da Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A). Este prazo comeza o día 24 de agosto de 2024 e finalizará o día 20 de setembro de 2024. Nos documentos que siguen atoparás toda a información necesaria para facelo.
- Nota informativa sobre a presentación de documentación do persoal aprobado nos procedementos selectivos
- Anexo XII (declaración responsable)
Fronte a esta resolución caben recurso de reposición no prazo dun mes ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses.
Próximamente, nos primeiros días de setembro, deberedes tramitar a vosa afiliación a MUFACE á vez que realizar a opción sanitaria. Para esto deberedes esperar a recibir un correo electrónico desta entidade onde teredes todas as instrucións a seguir. Ata que ese momento chegue podedes ir consultando toda a información no seguinte enlace
Dende CSIF ENSINO queremos unha vez máis felicitarte por ter superado este proceso e ofrecémonos a axudarche achegándoche toda a información que precisas coñecer para este novo curso que comeza. Neste BOLETÍN que compartimos contigo poderás informarte sobre temas importantes como o período de realización da fase de prácticas, a elaboración do informe-memoria, o Concurso Xeral de Traslados, a adquisición de novas especialidades, retribucións, comisións de servizo, a posibiidade de permutas,...entre outros.