Actualización e reclasificación grupos auxiliar da función administrativa
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- CSIF Informa
22 de March de 2024
CSIF Sanidade Galicia solicitou no día de hoxe á Dirección Xeral do Servizo Galego de Saúde que con data 28 de outubro de 2022 solicitou a constitución dunha mesa técnica para abordar diversas cuestións relacionadas coa categoría profesional do grupo auxiliar da función administrativa.
Con data 21 de febreiro de 2023, deusenos traslado dende o Servizo Galego de Saúde a esta central sindical, do agradecemento á nosa proposta para a mellora das condicións de traballo do persoal desta categoría no SERGAS, valorando moi positivamente a constitución da mesa solicitada.
Despois de case un ano, dita mesa segue sen ser constituída, polo que se entende que dita categoría profesional non é unha prioridade do noso Servizo de Saúde.
Como xa expoñiamos na solicitude previa na que se detallaban as funcións a realizar polos diferentes grupos administrativos segundo se recolle na Orde 28 de maio de 1984, pola que se modifica o Estatuto de Personal non Sanitario ao servicio das Institucións Sanitarias da Seguridade Social, aprobado por Orde de 5 de xullo de 1971,
“1. O persoal integrarase nos grupos administrativos seguintes:
- Grupo Técnico.
- Grupo de Gestión.
- Grupo Administrativo.
- Grupo Auxiliar Administrativo.
As funcións específicas asignadas a cada un dos grupos administrativos enumerados no apartado anterior serán:
- Grupo técnico: o grupo técnico realizará as función de dirección, execución e estudio de carácter administrativo e económico de nivel superior que lle sexan encomendada s pola dirección do centro.
- Grupo de xestión: as súas función serán as de apoio aos psotos de traballo desempeñados polo persoal técnico e de execución daquelas funcións que lle sexan delegadas.
- Grupo administración: as de carácter administrativo sanitario, normalmente consideradas de trámite e colaboración non asignadas aos grupos técnico e de xestión.
- Grupo auxiliar: as de apoio material, exercicio e desenvolvemento respecto as tarefas administrativas-asistenciais propias da institución, así como as de secretarias de planta e servizos e as de preparación e tratamento dos datos para a informática.”
Nese escrito tamén expoñiamos que a categoría de administrativo era prácticamente inexistente, dado que existen moi poucos postos ocupados por persoal fixo ou contrato de longa duración. A última convocatoria de oposición na categoría de administrativo data do ano 2008 e non é unha categoría existente nas vixentes listas de selección temporal. Estamos a ver como profesionais do Sergas que se presentan a OPE da categoría Administrativo noutros servizos de Saúde (Andalucia, Valencia,Aragón..),non poden volver a Galicia porque o número de prazas é practicamente inexistente.
Dada a escasa existencia de persoal da categoría de administrativo as funcións que se detallan anteriormente son realizadas polo persoal do grupo auxiliar da función administrativa pero este persoal desenvolve funcións dun grupo superior, C1, que non se ven reflexadas de ningún xeito. Os auxiliares administrativos están encadrados nun grupo C2 o que supón unha merma importante na confección da súa nómina, cotización, nivel profesional…
De acordo as funcións realizadas actualmente, o maior volumen de prazas efectivamente desempeñadas correspondería ao grupo administrativo sendo inxusto manter a todos estos profesionais na categoría de auxiliar cando non están facendo labores de apoio.
En base a todo o anteriormente exposto,
SOLICITAMOS DE NOVO DE XEITO URXENTE
- Constitución da mesa técnica solicitada por CSIF, onde se aborde a problematica que veñen sufrindo estes profesionais.
- Estudo das prazas que efectivamente desempeñan as funcións de auxiliar administrativo
- Estudo das prazas que efectivamente desempeñan as funcións de administrativo.
- De acordo co punto anterior, encadre dos auxiliares administrativos que desempeñan función de administrativo no grupo C1, grupo administrativo.
- Apertura das correspondentes listas de selección temporal para a categoría de persoal administrativo.
- Convocatoria de OPE das prazas de administrativo.
- Estudo das prazas ofertadas como grupo auxiliar da función administrativa que correspondan á categoría de administrativo dacordo as funcións a realizar.
Acompañan a este escrito unha relación de firmas de profesionais, todos eles da categoría do Grupo Auxiliar da Función Administrativa con vínculo no Servizo Galego de Saúde que ratifican a solicitude realizada pola central sindical CSIF.